sábado, mayo 12, 2007

viernes, mayo 11, 2007

A II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR, UTOPÍA SON

“UTOPÍA SON”, A MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR ORGANIZADA POR UTOPIA FORO, COMEZA A SUA SEGUNDA EDICIÓN.


En vista do éxito de participantes, de calidade e de acollida polo público da edición anterior A II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR, UTOPÍA SON, decidiu desenvolverse durante os meses de Maio, Xuño, Xullo e Agosto, ampliando nun mes máis a súa duración asi como os premios: 600 € máis SIRENO, paro o primeiro premio. 300 € máis SIRENO, para o segundo premio. E 200 € máis SIRENO para o terceiro premio.
Nestes catro meses, ao longo das noites de todos os venres e sábados, irán pasando polo escenario do CAFÉ UF os participantes desta edición.
A parte dun concurso de cancións (e o de "concurso" é a sua faceta menos desexada ainda que por agora imprescindibel) UTOPIA SON quere converter-se nunha auténtica mostra de todo o referido á canción, e por extensión á música. A parte dos concertos dos participantes realiza unha gran variedade de actividades neste sentido.
Haberá numerosas actuacións fóra de concurso. ATAQUE ESCAPAPE, os ganadores da primeira edición, pecharán esta II MOSTRA. Tamén actuarán: YOHSVANI PALMA, PEDRO ROMÁN, A NEGRA, SAX MACHINE ...
Ao longo de todos os domingos destes catro meses desenvolverase un ciclo de “CINE E CANCIÓN”. Nas trinta películas que dura o ciclo veremos unha mostra desa unión tan perfecta que mantivo o cine e a música ao longo da súa historia.
Todos os martes poderá verse o ciclo “VOCES FILAMADAS” no que poderemos achegarnos por medio de concertos filmados e documentales aos mellores autores e intérpretes da canción, de todos os estilos, tempos e culturas. Do flamenco á bossa, do blues ao pop, dos cantautores á música xitana, do hip-hop á música árabe... En trinta e catro sesións poderemos ver o mellor que produciu a música popular na súa hsitoria.
O ciclo “26 XENIOS DA CANCIÓN” que se proxectará os mércores, fai un percorrido polos xénios indiscutibeis da canción de autor. Eles serian o Olimpo da canción, os mellores entre os mellores. Concertos, documentais, entrevistas... con JACQUES BREL, CAMARÓN. MOODY WATERS, KURT WEILL, LEO FERRÉ, BILLIE HOLIDAY, WOODY GOOTHRI, VINICIUS DE MORAIS, LEONARD COHEN, BRASSENS, TOM WAITS, BESSIES SMITH, BOB DYLAN, OM KALSUM...

UTOPIA SON programará tamén unha série de foros, charlas e debates relacionados coa canción, os seus autores e os seus intérpretes coa sua función social, os seus xeitos artísticos etc.

Haberá tamén exposicións de pintura e fotografia relacionadas co tema. Unha grande exposición de vinilos e CDs de cantautores coa posibilidade de poder ser escoitados.
Teremos unha ampla relazón de libros sobre a canción que poderán ser consultados.

A nosa pretensión con UTOPIA SON é mostrar o que se está a facer en Galicia encanto a canción se refere. Partindo sempre da autenticidade, lonxe de intereses alleos á canción, sen nengunha hipoteca a instituizóns, grupos ou subvencións. Sabemos que esta independéncia é a única garantía de que desfrutemos de inteira libertade.

Comezamos fai un ano este proxecto coa resolución dos tolos. ¿Canción de autor en Galicia? ¿Habia alguén compendo fora do curral da subvención, a imitación mimética do estranxeiro ou a música da radiofórmulas? Semellaba unha tolémia embarcar-se nese proxecto sen saber siquieira se existia un mar polo que navegar. Pero que descoberta non é unha tolémia? Os cuerdos non se arriscan, peden subvencións.

Agora comezamos esta segunda UTOPIA SON con un optimismo fundado na resposta de todos eses autores que, contra todo e a pesar de todo, seguen compendo cancións "con palabras e feitos que nos unen e hermanan (...) na sempre necesária loita contra os que nos separan e fan sentir-nos estraños entre nós mesmos"

UTOPIA SON