viernes, junio 15, 2007

MITXINHO

Concerto, sábado 12-5- 2007


Cancións:

  • A TUA RENDICIÓN
    Letra e música: Mitxinho

    So quero un sitio onde caerme morto
    E é nesta caixa de zapatos vella
    Pero sei que é aquí onde te vas a quedar

    Aquí escribireiche os versos mais sucios
    Para logo queimalos ou gardalos nun caixón,
    E despois escribir mil veces esta canción

    So será un berro o baleiro
    Será como unha bala o corazón
    Isto non é para quedarme contigo
    Isto so será a tua rendición

    Esta noite non vou pensar en nada
    E sabes que che pedirei o mesmo a ti
    O mundo non depende de ti e do meu

    So será un berro o baleiro
    Será como unha bala o corazón
    Isto non é para quedarme contigo
    Isto so será a tua rendición

    Isto non é para quedarme contigo
    Isto so será a tua rendición

  • ESTOU EN OBRAS
    Letra e música: Mitxinho

    Ti non sabes ben quen son,
    E vasme a ter que xulgar
    Pola cor da miña roupa interior
    Por favor, non me deixes falar

    Eu veño dun mundo que
    Ten may auga que sol
    Antonte as miñas ideas plantei
    Maña xa teras a túa ración

    E so sei, que as beiraruas da miña rua dinme que
    Estas en obras por que non as queres ver, E eu con elas

    Estou en obras
    E desta non te vas a salvar
    Vu con todo
    Soamente vale gañar

    Estou en obras
    ninguén mo impedira
    Dime agora...
    Que te vas quedar

    E é agora que me prestas atención
    Nada may, nada menos, todo o que son
    Os meus calcetins, caeron nun recuncho
    Coas tusa botas, e o que da túa roupa quedou

No hay comentarios: