O DJ é para o hip-hop o que o director de orquestra é para a música clásica: o xénio criativo; o que manexa o ton; o que pode producir, no son, potencia ou subtileza. En realidade, todo o conceito musical do hip-hop-a sua estética, os seus ritmos, as suas inovacións-existe grazas ao DJ.
A história do hip-hop é unha história de inovacións: é a primeira música en incorporar completamente as novas tecnoloxias, utilizando-as de forma novedosa e até entón descoñecida. Para comezar, o DJ é un criador que manexa un dos mais recentes instrumentos musicais, a tornamesa (ou xiradiscos), para misturar músicas e asi criar novos ritmos. diso trata-se no hip-hop: ritmos, ritmos, ritmos... E encima desta base rítmica, o MC (mestre de ceremonias) rapea e dirixe-se ao público.

Os primeiros DJ (ou "disc jockey") eran os que tiñan programas de rádio e falaban sobre os temas musicais, comentando as notícias ou entregando as suas opinións ao ar. Despois os DJ comezaron a destacar-se nas festas, animando os carretes que se armaban na rua, mudando discos para dinamizar ou calmar o ambiente, alternando cancións bailabeis con cancións lentas. Para satisfacer ao público, comezaron a tocar só as seccións mais populares e mas rítmicas das cancións, repetindo-as por longo tempo para que a xente bailase-isto se chama break-beat. Mais tarde, chegaria outra famosa inovación da música hip-hop: o scratch, que consiste en mover os discos sobre a tornamesa para producir un son de "raiado".
Pero se cadra o elemento mais influente do hip-hop é a invención dunha nova forma de compor musica: o sample, que significa "mostra musical". O sampleo consiste en "tomar emprestado" (por non dicer "roubar") un fragmento dunha canción de outro músico (xéneralmente de cancións antigas), aplicando sobre ela un novo ritmo en bateria (bombo caixa-bombo caixa), característico do rap e definitivamente derivado do funk. E encima, os rapeiros tellen as suas rimas, esgrimas verbais, todo o dia sobre estas complexas piratarias musicais.

Para HipHopLogía, o sampleo representa unha alternativa tecnolóxica moi importante porque, ao igual que o rap, contribui á transmisión da cultura popular chilena e americana ás novas xerazóns. É dicer, o sampleo é para nós un verdadeiro "documento histórico" das nosas raices musicais e culturais-citamos músicos que nos identifican, igual que os escritores citan aos seus autores favoritos nos pé de páxina dun libro. Asi, podemos samplear, por exemplo, un discurso do Che, utilizar melodias dunha guitarra de Violeta Parra, ou incorporar ritmos tradicionais de Latinoamérica como a cueca, o huayno, a milonga, o samba, etc.
É, á vez, unha homenaxe ás criadores do noso pobo e unha forma de os manter vixentes.
Hoxe, o DJ, o músico detrás das bases musicais rapeiras, segue sendo o parceiro de armas do MC, tanto no proceso criativo como sobre o escenário.
ARTE NA RUA

Dá-che unha volta en micro por Santiago... Camiña pola tua povoazón... Observa ao teu o redor... É inevitábel atopar-che con un elemento vital da cultura hip-hop: o graffiti. Está en todas partes! Non exaxeramos se decimos que as ruas falan, e a sua mensaxe pode ser tan potente como o rap. Esta é a arte do mural, das paredes. Alguén dicia que "as murallas son o reflectido das situacións e realidades da povoazón".
O graffitti ten este sentido desde o princípio, como expresión dunha mocidade marxinada, sen direito a opinar, a expresar-se , nen siquieira a existir. Xurdiu (a fins dos '70 en Nova York) como unha forma de protestar, de romper esquemas estabelecidos e raias mentais. Xovens chicanos, negros, brancos e asiáticos asulagaban todos os espazos públicos: os blocos onde vivian, as escolas onde estudaban, e os famosos trens do metro que pintaban de en riba a abaixo. Armados de pintura en lata (spray), saían a riscar as suas sinaturas ou a debuxar grandes figuras multicolores, con unha nova estética: trazos grosos, letras exaxeradas, xirando e contorneándose, case ilegibeis para a xente "comun".

Un código rueiro e próprio, un novo linguaxe, entendebel só desde o hip-hop. co tempo, a arte foi-se aperfeizoando-hoxe os graffiteiros inventaron novas técnicas e formas de seexpresar . Poden-se atopar graffitte con formas moi abstractas, asi como outros moi explicitos. Criemos que o graffitti é heredeiro dunha tradición muralista moi antiga, que en Latinoamérica produciu artistas como Diego Riveira de México, e que en Chile se manifestou durante a ditadura en povoazóns como A Vitória, A Légua ou Vila Francia. Estes murais reflectian a identidade do noso pobo e a riqueza da sua cultura. Anos atrás, denunciaba-se a brutal represión, pintaba-se a tristura e a alegría, e reafirmaban-se os soños dun mundo mellor. Hoxe, fronte a este "mierdocracia", o graffitti reflecte o descontento da mocidade actual: é unha rexeizón á orde estabelecida e as regras do sistema, e tamén unha denúncia de problemas sociais actuais como a drogadicción ou a represión policial.

TRADICIÓN DE DANZA ANCESTRAL
"Unha revolución sen música nen baile non vale nada", dixo un pioneiro do Hip-Hop, e asi é-¡ pergunten-lle aos cubanos!.
O breakdance (ou simplesmente break) é o baile por excelencia da cultura Hip-Hop. É unha danza que incorpora pasos case sobrehumanos, con movimentos e reviravoltas que desafian a gravidade, levando o corpo a facer cousas impensábeis no ar e no andar. Desde as orixes do home, a danza xogou sempre un rol central. En comunidades e culturas de todas as razas, o baile é oferecido aos deuses en agradecemento ou en pregária, e estabelece unha relazón estreita dos humanos coa natureza que os rodea: a terra, os mares, os bosques. Acompañado do canto, o baile forma parte dun rito sagrado que serve para descarregar as enerxias negativas e canalizar as positivas.
Asi, o break é liberdade de corpo, mente e alma para os seus praticantes: os "b-boys". Este baile xurdiu xunto coa música negra dos anos 70 en EEUU: o funk (espécialmente James Brown) e, mais tarde, o electro-funk. Comezaron-se a inventar pasos novos, como a imitación do robot, ou o famoso "moonwalk" (camiñar cara atrás) que despois popularizou Michael Jackson. Finalmente chegou-se ao andar, onde a creatividade dos bailarins atinxe a sua máxima expresión ao saltar e xirar .
A competéncia é un elemento esencial do break: seguindo unha longa tradición cultural-que se manifesta tamén nos bailes yorubas do Caribe e no capoeira brasileiro-os participantes se reúnen nun círculo humano (símbolo da comunidade ou a congregación) e, un por un, demostran os seus xeitos, tentando "queimar" ao outro con rapidez e estilo.
Dentro do Hip-Hop, o break é ademais unha forma de expresar unha rebeldia contracultural que resiste ser etiquetada ou catalogada-sai-se da marxe que coñecemos por "baile". Para moitos dos seus cultores en Chile, é unha forma de descarregar a sua raiva, aprendendo a novas xerazóns o poder da liberación do corpo.
A NOSA ARMA É A PALABRA
Unha canción dun grande compositor chileno, Osvaldo Torres, lembra o tempo en que: A memória era o libro, e a palabra era un rio que baixaba do avó ao pai e do pai ao fillo.
Esta frase fala-nos da importáncia da comunicación (ou sexa, a transmisión de coñecementos e sentimentos), dentro da comunidade e tamén dunha xerazón a outra.
Nun pobo sen escritura, só a tradición oral era capaz de manter viva a cultura e a memória. Os griots, antigos poetas-músicos africanos que cumplían esta función educativa na tribo, contaban unha história en verso, rimando-podia ser unha lenda, un mito, un conto chistoso, ou a história dunha família. Todos os seus poemas tiñan unha moraleja, un ensino, sabedoria. Estas son as orixes, as raices profundas do rap. Rap non é unha música, se non unha forma literária, metade poesia, metade conto, co seu próprio rítmico e fonético. Pode-se rapear sobre calquera tipo de música, desde o mais étnico até o mais contemporáneo. Ademais, o rap, ao chegar a un país determinado, toma as características musicais, jergas, ritmos e contidos do lugar, e acaba sendo parte da identidade local, tan natural como o linguaxe universal, as palabras mesmas. neste sentido, hai unha forte conexión entre África e América encanto á importáncia cultural da rima e o canto.
O rap ademais ten unha faceta competitiva e divertida no cual dous rapeiros (ou MCs) "batallan" ao facer versos improvisados (freestyle), cada un tentando superar ao outro. É unha tradición que atopa as suas raices nos xogos orais dos escravos africanos en Norteamérica, que pasaban o tempo inventando pequenos chistes ou rimas (moitas veces para ofender ao amo de forma oblícua, ,ja! humor subversivo!). Até a palabra "rap" significa falar, chacharear, huevear, no fondo é como "tirar tallas", divertir-se cos ditos, a picardia e a creatividade do linguaxe popular. Esta improvisación rimada ten parentes moi cercanos en distintos tipos de poesia tradicional latinoamericana, como as coplas de Colombia, as inesquecíbeis competéncias de destreza vogal e verbal dos mexicanos Jorge Negrete e Pedro Infante, as bombas puertorriqueñas, ou mais , a paya en Chile. Os payadores pratican esta mesma arte de improvisar versos en competéncias amistosas: descreben realidades locais, contan histórias, mesmo denuncian inxustizas sociais. Por iso os rapeiros consideramo-nos "payadores da nova era".
¿Cando nace o rap? Ninguén sabe con seguranza, pero unha vez un grande músico, o mestre Quincy Jons, dixo que se lembraba que cando neno escoitaba xovens rapeando na esquina do seu bairro allá polos anos 30. O mesmo Jons dixo tamén que a história da música afro-americana é como un iceberg de xelos moi profundos (as raices africanas, espirituais, gospel, blues, jazz, rock, funk), onde o rap é a ponta do iceberg. Desde a chegada do rap, non se criaron novos tipos de música nesta tradición, só xurdiu a fusión delas. E cando o rap atinxiu finalmente o praza mundial (despois de anos de olladas suspeitosas), provocou un verdadeiro estoupido cultural, político e social.
Pero falemos tamén que din as letras de rap hoxe. Greg Tate, un poeta, xornalista e músico, unha vez escrebeu que o hip-hop é "o inverso do capitalismo, o reverso do colonialismo... É o mundo que construiu o amo de escravos, pero transformado por un golpe futurístico negrificado. Mentres o capitalismo di-nos que o valor dunha persoa está na sua conta bancaria e a montaña de bens que acumula, o hip-hop naceu para nos lembrar que o verdadeiro barómetro do valor humano é a profundidade da sua alma.
Mentres o colonialismo, en todo o mundo, pariu un tipo de inxustiza tras outro (racismo, clasismo, machismo, etc.), o hip-hop concebiu-se nos blocos, as povoazóns, e as mediaguas para unir ritmo e mensaxe, co obxectivo de unificar á xente dentro e a través de tribos e raias raciais".

Mumia Abu-Jamal
O rap, sen dúvida, é a cara da cultura hip-hop, e o rap político é a eséncia verdadeira deste fenómeno mundial, ainda que hoxe os grandes selos transnacionais só mostran a cara do rap que eles queren mostrar; por exemplo, o gangsta rap, (rap que fala só de pandiñas, diñeiro e sexo). Sen embargo, non poderán tapar nunca o rap mas radical... o rap do ghetto, da pobla, fresco e bullicioso... ése que contén amor e rebeldia... ése que fan os que ainda manteñen o contacto coa sua comunidade (e coa realidade)... Son eses rapeiros que din "Libertade a Mumia" en EEUU e "Xuízo aos culpabeis" en Sudamérica... os que tocan para reunir fondos para escolas, centros culturais e organizacións comunitarias... rapeiros que asumen a responsabilidade da sua mensaxe: positividade e educación para a comunidade... ése é o verdadeiro rap, o verdadeiro hip-hop, o que non se vende, se non que se vende... En definitiva, sentimos que un verdadeiro rapeiro non é o que nace para ser estrela, se non o artista-loitador que nace novamente cada dia, que nace hoxe como un griot do futuro, criando arte capaz de revolucionar o seu tempo e energizar o seu pobo, de manter vivas as tradicións de resisténcia e comunidade, transmitindo-as ás novas xerazóns... O rapeiro de hoxe debe tomar o seu destino nas suas próprias mans, conservando a memória, o orgullo, a loita, a identidade, a cultura, e sobre todo as utopias...