lunes, julio 23, 2007

Miguel Castro

Concerto: Sábado - 21 - 7 - 07
Cancións:
Para escoitar pica aquí
Letra e música: Miguel Castro


Cada lugar no que entro, cada aroma que percibo,
Un coche gris co que tropezo faime soñar en ti.

Cada película que vexo, cada canción que escribo,
Cada estupidez que penso faime soñar en ti.

Non podo seguir may tempo así.
Hai de saltar á segunda fase,
Para deixar de idolatrarte e que a culpa a teñas ti,
Para poder durmir por fin
Unha noite seguida sen soñarte.

Cada cousa que nego, cada unha que afirmo,
Cada palabra que non dixemos faime soñar en ti.

Cada melena de rizos negros que cruza no meu camiño,
Como un puñazo no queixo, faime soñar en ti.

Non podo seguir may tempo así.
Hai de saltar á segunda fase,
Para deixar de idolatrarte e que a culpa a teñas ti,
Para poder durmir por fin
Unha noite seguida sen soñarte.

Cada mirada que observo, cada calor, cada frío,
Cada bico que non me deron faime soñar en ti.

Non quero seguir may tempo así,
A piques de chorar en calquera parte
Por cada merda que pase. Por favor, que a culpa a teñas ti
Só quero durmir por fin
Unha noite enteira sen soñarte
Para escoitar pica aquí
Letra e música: Miguel Castro


Un café, un vaso de auga
Unha copa de coñac,
Unha mirada de esguello,
Ollos de infancia e outros mais.


Todos caminan falando,
Cavilando que farán
Esta tarde ou á noite,
Mentres miran ós demáis.

O pasar por esta praza,
Vendo á xente pasar,
Mirando mentres se miran,
Ulindo a vida e o mar,

Anda lindo esa muller,
Co vaivén das súas cadeiras…
Que alegría de vaivén.
As hormonas que se rebelan.

Invitanme as bailarinas,
Co seu ritmo e coa frauta,
A deixa-los ollos bailar.
Conseguiron que me alegrara

De pasar por esta praza
A ver a xente pasar,
A mirar mentres me miran,
A ulir a vida e o mar,

Cada quen leva a súa vida
Na súa forma de mirar,
Na súa marcha, na súa roupa,
Na súa maneira de andar.

Cada quen carga nos ollos
Alegría ou tristeza,
Desexo ou preguiza,
Desexo ou preguiza,
Ansia ou indolencia,

Ö pasar por esta praza
Vendo a xente pasar,
Mirando mentres os miran,
Ulindo as vidas e o mar,
Ulindo as vidas e o mar.

Aquí estou nesta praza
A ve-la xente pasar,
A mirar mentres me miran,
A ulir as vidas e o mar.
Para escoitar pica aquí
Letra e música: Miguel Castro


Coma un can sentado fronte
Ä túa vella casa,
Lambeando a ferida
De que xa non me querías,
Cando, iluso, aínda estaba
Convencido que eras miña.
Dóeme recordar
As lágrimas caer
Contra o abismo inesquecible
Do teu escote
Cando, idiota, aínda cría
Que estabas no bote

Non por ti. Nunca máis
Chorarei, nunca máis

Coma un can sentado fronte
Á túa nova casa,
Non deixei de viaxar,
Por se saías,
Para non perde-la ocasión
De fregarme nas túas tibias
Pero que me petisquen
Por se estou soñando:
Acaba de sair un anxo
Do teu portal
Invitándome a morrer
Polo seu sorriso,
A morrer ou matar

Non por ti. Nunca máis
Chorarei, nunca máis

Non por ti. Nunca máis
Chorarei, nunca máis
Morrerei, non por ti,
Nunca máis
Chorarei, non por ti,
Nunca máis
Morrerei por ti

No hay comentarios: