lunes, julio 23, 2007

Xosé Constenla

Concerto: Venres - 20 - 7 07

Cancións:

COLLE A FOUCE ( Hai soñar e crear)

Letra e música: Xose Constenla


Hai que soñar e crear
Sen pasar a vida enleado
Na derme dos conflictos
Sen entrar na loita de fondo

Un resumo maternal
De boa parte do que somos
Xamais esbaecido
Nas brétemas do pasado.

Un país edificado
Co alento feroz da memoria
Un mundo multicromático
Sulagado de luces e sombras

Colle a fouce, meu pobo,
No país dos ananos
Combate rebeldía
Contra todos os tiranos.
Néboa densa furacanada
Ambiente de redención
Unha loita por unha matria
Non admite condición.

Cando se poida e como se poida
Coa forza soberana
Que outorga a conciencia libre.


RECORDAS?

Para escoitar pica aquí
Letra e música: Xose Constenla

Os teus ollos
Xa non me obrigan coma antes
Recordas?
Aquelas tristes tardes de chuvia,
De negros pasaxes en barcos piratas,
De guerras intensas conquistando praias.

Os teus peitos
Xa non me abrigan coma antes
Recordas?
Qué caída tan elegante,
Cítima de Edipo pecado incruento,
O cruel testaferro daquel frío inverno.

Non me atrevo a dar o chanzo
De pasar dos teus acenos
De calmar co teu aprumo
A fatal sede do reo
De indagar no meu futuro
Descobríndome indefenso
De perder o teu sentido
Que me orienta no desexo.

Daquel can asasino
Que era estruturalista
Ou da histérica fuxida
Que imploraba o suicida
Da tensión do teu corpo
Nú, exposto, suoroso
Que me incita a abrir zanxas
Para enchelas de esperanza.

Os teus beizos
Xa non me abrancan coma antes
Recordas?


NON TE ATREVAS A SOLTARME A MAN
Letra e música: Xose Constenla

Paseando entre anónimas historias
Nunha mata inmensa, nutrida,
Por dramas figurados
Sen dereitos nin aval
Para un crédito hipotecario
Non te atrevas a soltarme a man.

Unha frase inacabada e maldita
Neste caos de magma, impune,
Cóctel para parvos
Au reparo aturdido
No que tería que ter sido
E no que foi...
Non te atrevas a soltarme a man.

No hay comentarios: