miércoles, julio 04, 2007

Os Estandar

Haberia que recoller todos os "Real Book" que existen na cidade e facer unha fogueira enorme en Príncipe. A ver que cona tocaban entón as superestrellas do jazz da nosa cidade.


herbiehancok


Haberia que facé-lo. Quiñentos ou mil "estándar" nun libro e, ala, todos a copialos como tolos. Os "estándar" son os clásicos da música popular, temas que nos legaron criadores e criadoras, con nome ou anónimos, que foron, e serán, asumidos xerazón tras xerazón como próprios. Porque pasan os anos e seguen explicando-nos o que sentimos, o que tememos, o que desexamos, seguen facendo mais suportabel a tristura, mais levadeira a soidade, mais intensa a paixón, mais alegre a vida.
Eses temas han chegado até nós transformados por todos aquilos músicos que deixaron a sua pegada en eles. Un "estándar" pasa a ser a obra colectiva de todos aquilos que o usaron para engadir parte da sua vida á parte que engadiu outro antes. É unha obra en proceso contínuo e infinito de criación. É a métrica dun cantar de gesta musical que comeza co século XX. A diferenza da épica as aportacións ao "estándar" non son sobre o que di se non sobre como se di. Non hai unha modificación do texto, e apenas sobre a partitura. A tristura desolada e derrotada do "Dont explain" de Billie Holiaday transforma-se en duro reproche no "Dont explaim" de Eta Jammes, en sofisticada aceitación en Johnny Michel, ou en sarcasmo en Chet Baker. As mesma palabras, as mesmas notas e o resultado resulta radicalmente distinto.

No hay comentarios: