miércoles, agosto 15, 2007

Julián Rodriguez

Concerto; 11 - 8 - 07
Cancións:
Para escoitar a canción pica aquí
Letra e música: Julián Rodríguez González

Non penso limparme dos pes as areas,
cando suba da praia ó teu salón,
fun a onda esmagada contra as pedras,
fun a folla que o vento sube ó sol.
Agora son, o que ti queiras.

Hoxe que me clasifiquen como queiran,
coma o home do campo ou da cidade,
fun a lapa que prendeu o teu bosque,
fun o neón encol do capó dun coche.
Agora son, o que ti queiras.

Tiven a vida dunha bolboreta,
a dun can, un lobo, un gabián,
fun a furada do sonriso mentireiro,
fun a pluma dun pavón.
Agora son, o que ti queiras.

Mancharei de sangue o pomo da porta,
cando o venres chegue de traballar,
fun na guerra un renxer de ósos,
fun o brión que medra dos mortos.
Agora son o que ti queiras.
O que ti queiras.
Para escoitar a canción pica aquí
Letra e música: Julián Rodríguez González

Atrapei un raio de luz
cando menos o esperaba.
Andaba distraido e colouse
pola ventá.
Dixome que foi estrela fugaz
que os desexos pesábanllele
que está triste, enfermo
e non é nada.

Non te morras, leváme primeiro á fronteira.
Pídocho, raio de luz
que un día foches cometa.
Cega, eiquí a vida quedouse cega.
Dígocho, raio de luz
que fuches Deus e eres poeta.

Atrapei un pedazo de azul
cando menos o esperaba.
Viña perseguindo unha estrela
que se lle escapaba.
Díxome que antes foi acuarela
e que sen a súa luz xa non é nada
tan só escuridade
tódalas noites e mañás.

Quixera coñecer tódolos teus planetas.
Pídocho, raio de luz
que un día fuches cometa.
Quen queira ser astronauta
a vida enteira,
que consiga un raio de luz,
un deus ou un poeta.
Para escoitar a canción pica aquí
Letra e música: Julián Rodríguez González

Somos tan homes que xa non imos ó circo,
somos tan serios que divertímonos matando.
Que será dos tolos cando morramos,
que será dos coxos cando morrámos.
Serán ceibes...

Somos tan sabios que nunca trabucamonos,
somos tan nobres que querémonos odiando.
Qué será dos babecos cando morramos,
que será dos cegos cando morramos.
Serán ceibes...

Somos tan bos que alguén nos chama viláns,
tan valentes que nada pode asustarmonos.
Que será dos presos cando morramos,
que será dos nenos cando morramos.
Serán ceibes...

No hay comentarios: