miércoles, agosto 15, 2007

Sireno

Concerto; 10 - 8 - 07
Cancións:
Canción do Eu:
Eiquí, nesta terra, rodeado de pedra, auga e vento, eiquí transcurren, eiquí viaxan, as lembranzas, as vivencias dos días, dos anos, comigo e co todo.
Canción do Neno:
Máis rápido, roda! Salta os regatos! Ataxa o terraplén! Veña! Agora arriba! Cara o curuto! Agora baixemos, baixemos ata o me uval! Rápido! Ó máis profundo! Ó meu fogar!
Canción do Morcego:
O morcego atravesa a noite por primeira vez, dum extremo ó outro, esquivando as rochas, as intrincadas pasaxes, os recodos e, as testas, que, entre atónitas e asustadas diríxense cara el. Esvaécese na escuridade, aproveitando a esencia do aire, para así serrar incertidume nas nosas mentes. Mentres, ficamos quedos, os ollos na noite. Fascinados.
Canción do Non:

Canción de Correr:
Unha alanzada. Aire. Outra alanzada, máis aire, máis folgos. Máis rápido e máis lonxe. Levádeme pernas! Xa non Quero ver máis curatos, máis vales nin máis noites! Xa non Quero falar delo! Só Quero, correr.
Canción do Enfado:
Móvete! Deténte! Iso máis arriba! Aquilo máis abaixo! Ti cala! Ti fala! Agora movédeos, movédeos, movédeos! Non o esquezades! Se parásedes, morreríades! Non poderiades estar quedos! Non daríades vivido.
Canción do Axetreo:
Raudos rapaces! Traballade sen descanso ate que o Sol desapareza! Ata que o próximo día naza! Inda mellor ilusos! Non pensedes noutro día!
Canción do Mar:
Vivo…Vento…Indómito…Sol…Traizoeiro…Ceo…Inmenso…Horizonte…iso é…
Add libitvum

No hay comentarios: